top of page

I+D

Apoio á Xestión do Recurso Forestal

Presentación

Proxecto SAXMEL

O proxecto SAXMEL (Sistema de Apoio á Xestión dos Montes no Eido Local) é un proxecto de innovación que está a desenvolverse en Galicia, impulsado por un grupo de enxeñeiros emprendedores que buscan dar solución aos problemas que afectan aos montes galegos e a o recurso forestal en xeral (minifundismo, abandono de terras, despoboamento, carencia dunha cultura forestal adaptada a o século XXI, déficit innovador, déficit na posta en marcha de negocios...).

SAXMEL ten un único obxectivo: lograr o pleno desenvolvemento do recurso forestal (= produtos forestais+emprego+negocios+medio natural+cultura+educación) actuando a escala local e da man de todos os actores do sector (propietarios, CCMM, empresas, emprendedores, ciénfíficos, AAPP...)

SAXMEL aspira a convertirse nunha solución real trasladable a outros Concellos en Galicia, incluso noutras rexións onde o recurso forestal comparte moitos dos problemas que aquí temos.

Só será posible conseguir o obxectivo si todos os actores participantes colaboramos, moi especialmente as Administracións Públicas e a Propiedade Privada, xunto con emprendedores, empresarios, veciños, científicos, profesionais,....

 

Accede ao visor (próximamente)
SAXMEL
             Un Modelo

 

SAXMEL é un modelo funcional que ten por obxectivo coordinar a todos os axentes socio-económicos relacionados co recurso forestal nun Concello, co obxecto de acadar o pleno desenvolvemento do mesmo, dende unha visión multifuncional, sostible e participativa da xestión forestal moderna.

 

Esto quere decir que cada acción ou proceso considerado estratéxico para o desenvolvemento do recurso forestal é diseñado e controlado co fin de garantir o éxito do mesmo (a creación de agrupacións de propietarios, a posta en marcha dun proxecto productivo ou non productivo, a prestación dun servizo técnico, e un largo etc,,)

Un Sistema

 

SAXMEL é igualmente un sistema, implementado mediante o uso de ferramentas software SIG, que nos permiten aplicar o modelo previamente desenvolto no territorio.

 

O Sistema non só concentrará datos e información sobre o recurso forestal local, senón tamén accións, proxectos e iniciativas que nos axudan na dinamización integral do recurso;todo elo debidamente planificado no modelo.

Un Servizo

 

SAXMEL é un servizo de proximidade que traballa con calquera axente socio-económico relacionado co recurso forestal no Concello obxectivo. A través do cal técnicos especializados prestan todo tipo de axuda técnica e de apoio á xestión, á vez que acompañan e impulsan proxectos xa en marcha ou calquera outro con potencial no territorio.

 

O obxectivo é un só: lograr o pleno éxito do maior número de iniciativas ou proxectos, sin que ningunha quede desatendida, e xerar novas iniciativas que reforcen o recurso.

O modelo detrás do Sistema é o que tracciona o conxunto de accións previamente deseñadas.

O proxecto

O Proxecto

+

+

Que facemos?

Que facemos?

Promovemos, Impulsamos, Dinamizamos, Acompañamos, Coordinamos........diariamente e a pé de campo

Obxectivo

Obxectivo

    Contacto   

Contacto

Punto de Atención a os Usuarios (PAU)

 

Casa da Cultura

Comunidade de Montes de San Tomé de Piñeiro (Marín/Pontevedra)

Tfno. contacto: 622 390297

email:saxmel-marin at hotmail.com

 

Patrocinan:

Comunidade de Montes de San Tomé de Piñeiro

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page