top of page

Preguntas e Respostas

  • ¿Qué busca SAXMEL?
    SAXMEL o único obxectivo que persegue é lograr que o 100% do recurso forestal dun Concello, e de toda Galicia, este aproveitado a o máximo do seu potencial, sempre dentro do marco da sostebilidade, a protección e conservación do recurso e o medio natural e o beneficio da sociedade, locais e globais.
  • ¿Qué aporta SAXMEL de novidoso?
    A novidade que aporta SAXMEL é a "estandarización", a "protocolorización" e a profesionalización do proceso de transformación da actual situación do monte en Galicia. Dito de outra forma, detrás de SAXMEL hai un modelo composto dun gran número de procesos, procedementos, accións,...todos eles deseñados para o logro do fin último do modelo. A importancia do modelo reside en qué será trasladable a calquera outro territorio, e que sistemas en distintos territorios poderán levar a cabo proxectos e iniciativas de forma conxunta. Tamén hai que resaltar que por primeira vez van traballar todos os actores de forma coordinada, e iste é un dos grandes desafíos do proxecto.
  • ¿Pero no fondo, o que fai SAXMEL non é o que moitas CCMM ou Asociacións de propietarios xa fan?"
    Os obxectivos das CCMM son claros (ou deben selo): a xestión dos seus montes e o das Asociacións de propietarios é o de axudar, dinamizar e defender os intereses dos propietarios na xestión das súas propiedades forestais, ambas figuras de gran importancia no ámbito forestal galego. SAXMEL sin embargo é un novo marco de traballo por así decilo, en reaidade unha "infraestructura" ou si queredes unha ferramenta, que poderá ser xestionada, unha vez implantada, por calquera Asociación, Comuidade de Montes, Administración Pública, etc... que vai dirixida e traballa con TODOS os actores socio-económicos relacionados cos montes, e axúda e os coordina a todos eles para que entre TODOS logremos que os montes estean postos en valor. SAXMEL a súa vez traballa en todas as áreas que poidan ter relación cos montes: a técnica, a educativa, cultural, medioambiental, administrativa,... E todo isto, de forma integrada e coordinada, non se fixo ata o de agora, e pensamos que é un modelo viable e realizable.
  • ¿Cómo se desenvolve e implementa SAXMEL?
    SAXMEL require un intenso traballo na fase de desenvolvemento (modelo+software), que polo de agora é desenvolto por iniciativa privada co apoio de subvencións e axudas diversas. SAXMEL é un proxecto aberto, isto quere dicir que outros emprendedores e profesionais poden participar no seu desenvolvemento, e que unha vez desenvolto poderá se implementado por calquera profesional. A implementación de SAXMEL no territorio require igualmente dun laborioso traballo cos axentes sociais onde á vez que se anaiza o recurso, se poñen en marcha unha infinidade de proxectos e accións relacionadas con todos os ámbitos do recurso, e se dinamizan unha gran variedade de accións. O aspecto diferencial é que a forma de funcionamento de todo o sistema está monitorizada e rexistrada, avaliando resultados e corrixindo os errores, Todo de forma transparente para todos. De forma diaria, os técnicos detrás do sistema teñen un contacto persoal e directo con todos os actores no eido local, axudándolles nunha amplísima variedade de accións, unhas postas en marcha por eles e outras propostas polo sistema. E toda a informacion e datos xerados nutren o sistema que permanentemente busca sinerxias e oportunidades.
  • Pero, ¿de qué tipo de accions estamos a falar relacionadas cos propietarios forestais?"
    Calquera tipo de acción que o propietario poida requerir. Sin embargo, é importante recordar que SAXMEL non ten por obxecto a realización ou a execución de proxectos ou servizos profesionais para os propietarios, para iso están os profesionais. O que sí fai SAXMEL é acompañar, dunha forma moi cercana, a cada un dos actores nos seus proxectos. Os propietarios formando parte de SAXMEL van poder: * Entrar en contacto con moitos outros propietarios cas súas mesmas necesidades e inquietudes. * Facer uso das ferramentas que SAXMEL vai a promover ou impulsar, para a venda dos seus produtos, a compra, o intercambio.... * Compartir ideas con calquera dos outros axentes, AAPP, empresas, emprendedores... * Ser visible a todos os axentes, con total garantía da protección de datos que exije a lei. * Agrupar traballos ou formar agrupacións * Acceder a formación, específica , dirixida e de interese no seu territorio * Innovar na xestión dos seus montes e moito máis
  • ¿e de qué tipo de accións estamos a falar relacionadas cos emprendedores?
    Os emprendedores son claves no avance da economía e a posta en valor do recurso. Sin embargo a porcentaxe de fracaso é altísima, polo que toda axuda é pouca no proceso da posta en marcha dos seus negocios. Ademáis, no medio rural a posta en marcha de iniciativas ten unha dificultade engadida no acceso a os mercados, e por encima as iniciativas relacionadas co recurso forestal tropiezan cun recurso moi complexo e desorganizado. SAXMEL vainos axudar en todas as fases da posta en marcha dos seus negocios, e moi particularmente vailles axudar: * No acceso as materias primas * Acceso a capital * Acompañemento na coñecida como "soidade do emprendedor", motivo de fracaso de moitos proxectos * Contraste de ideas * Acceso a o mercado * Difusión e un longo etc..
  • ¿é que tipo de accións estamos a falar relacionadas cas AAPP?
    As AAPP (Concellos, Deputacións, Xunta..) tropiezan continuamente cun sector moi atomizado e de difícil acceso cada vez que teñen que poñer en marcha calquera proxecto o iniciativa. SAXMEL vailles ofrecer unha "venanilla única" , a través da cal, cunha gran inmediatez e eficacia poderán comunicar as súas iniciativas e establecer colaboracions cos actores, cun menor custo e unha maior eficiencia a como é actualmente. A posta en marcha de programas tan complexos como os relacionados ca prevención de lumes ou a creación de agrupacións forestais, son dous claros exemplos nos que SAXMEL actuará como un catalizador, permitindo que alomenos os actores conten rápidamente con toda a información e a axuda para aqueles que decidan participar nas diferentes iniciativas. A execución de proxectos (infraestructuras, tratamentos fitosanitarios,..) no territorio son tamén claros exemplos que van beneficiarse da existencia deste novo marco de traballo.
  • e a parte de todo isto, ¿qué máis vai facer SAXMEL?"
    SAXMEL basease nun modelo activo, isto quere decir que non permanece á espera de que os actores leven acabo accións ou iniciativas, senon que por iniciativa propia e en base a un coñecemento moi preciso do recurso local, constantemente lanza propostas a os diferentes actores para que estes decidan cales son do seu interese, e nesos casos pon en marcha toda a maquinaria ata alcanzar o éxito e a materialización das mesmas. Proxectos estratéxicos, alianzas con proxectos que poden aportar valor no territorio, accións de innovación, búsqueda activa de capital, búsqueda de sinerxias con outros territorios ou sistemas, son tan só algunhas das actividades que SAXMEL vai poñer en marcha dende o minuto 1 de arranque do mesmo.
  • ¿qué tipo de datos e cómo son xestionados no seo do proxecto?
    Absolutamente todo o que acontece no funcionamento do Sistema é rexistrado e posto en valor, con todas as reservas e garantías ás que obliga a lei en materia de protección de datos persoais. Moitos destes datos permitirán que científicos, xestores, profesionais e os mesmos técnicos de SAXMEL poidan integralos nos seus traballos ou axudarlles para prantexar iniciativas que finalmente redundarán no beneficio do territorio obxectivo. Falamos de datos sobre: * O territorio * A propiedade * Os recursos produtivos * As infraestructuras * Os proxectos * As accións postas en marcha por SAXMEL * Os resultados das accións * Os resultados do funcionamento de SAXMEL * Os datos dos observatorios que poidan poñerse en marcha etc....

Aquí imos ir listando todas cantas preguntas ou dúbidas van surguiendo sobre o proxecto.

© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • Google+ Social Icon
bottom of page